eu-galego
gripe
Recortes ante a crise Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 13 Maio 2010 13:13

As federación da área pública (Administración, Sanidade e Ensino) chaman aos traballadores/as a mobilizarse e non desbotan ningún tipo de medida, incluída a folga.

 

xeringaA CIG manifesta o seu máis contundente rexeitamento ás medidas propostas polo goberno para afrontar a crise

 

A Confederación Intersindical Galega manifesta o seu máis contundente rexeitamento ás regresivas medidas que vén de propor goberno español e denuncia a pretensión do executivo de facer que sexa a clase traballadora quen pague a crise, mentres que quen nos levou a esta situación, o sistema capitalista neoliberal, que baseou o seu crecemento nun modelo de economía especulativa, mantén intactos os seus beneficios. Estas medidas denotan que quen dirixe a política económica dos estados é, precisamente, ese capital financeiro e poñen de manifesto a covardía e incapacidade do goberno para afrontar reformas estruturais imprescindíbeis non só para frear a crise, senón mesmo para evitar que se reproduza, se cadra con máis crueza.

Ler máis...
 
Precariedade no SERGAS Imprimir Correo-e
Inicio
Mércores, 12 Maio 2010 08:25

O TEMPO DANOS A RAZÓN

No 2009 a Consellería de Sanidade suspende acordos con melloras retributivas para os vindeiros anos, e presenta uns orzamentos para o 2010 que entre outras mermas conteñen unha reducción respeto dos cartos destinados no 2009 para sustitución de personal. Ademáis desta drástica reducción de orzamentos neste senso, elimina prazas de profesionais xa consolidadas, conxelando tamén calquer posibilidade de medre a nivel de recursos humanos tanto no ámbito de atención primaria cómo a nivel de atención especializada.

 

CIG-SAÚDE convocou folga xeral no SERGAS o dia 16 de decembro, para denunciar estes orzamentos e as súas repercusións.


COMPORTAMENTOS SERGAS

CONSECUENCIAS


  • Dificultade disfrute dias libre designación.
  • Denegación permisos por necesidades servizo.
  • Incremento cargas traballo nos compañeiros
  • Ausencia sustitucións.
  • Reducción das contratacións hasta nun 50%.
  • Cambios arbitrarios de quenda e libranzas.
  • Contratación en precário.
  • Mingua dos cadros de persoal nos hospitais comarcais.

  • Sobrecarga do persoal.

  • Atención sanitária de peor calidade.

  • Cambios de quenda forzosos.

  • Incremento das horas extraordinárias.

  • Menor número de contratos.

 

A escravitude voltou ao SERGAS


Máis carga de traballo = Peor calidade asistencial

 

A flexibilidade na contratación a potenciación da mobilidade forzosa son obxetivos a acadar polo SERGAS, as traballadoras/es non podemos darlle  folgos para avanzar no camiño da precariedade e da perda de dereitos.
  • Contra a reducción das contratacións
  • Contra os contratos lixo
  • Contra a  precariedade laboral
  • Contra a desaparición do persoal non sanitario

Tou_en_folga

Na defensa dos nosos dereitos

MOBILIZATE

 
Cousas da privatización Imprimir Correo-e
Inicio
Martes, 11 Maio 2010 19:32

As empresas que van participar na fase de licitación do novo hospital de Vigo “presuntamente” autorizaron á Xunta de Galiza para que publicaran a licitación, que será por mais de 23 anos ao módico prezo de mais de 67 millóns de euros anuais.

 

A Xunta estivo esperando a que as empresas fixeran os deberes e ataran todos os cabos para sacar a licitación, que seguramente xa está ben cociñada nos fogóns da consellería de sanidade.

 

Todos temos en mente cara onde pode ir a adxudicación, se admiten apostas.

 

Feij0010

Tamén denunciamos que o día que saíu a noticia na prensa de que se ía licitar o novo hospital, no Hospital do Meixoeiro repartíronse gratuitamente exemplares dun xornal local para publicitar a noticia, con claras intencións de incidir na valoración do feito e intentar minorar o conflito.

 

 

Ante tales artimañas Sorianistas, imos a intensificar a campaña de mobilizacións contra a privatización da sanidade pública e concienciando á sociedade e ao persoal da sanidade pública das graves consecuencias que vai supor esta fórmula de xestión e financiamento privado.

 

Tamén se percibe un cambio de linguaxe por parte dos responsables da privatización, agora á concesión mixta pública-privada lle chaman “adxudicación conxunta”.

 

Mentiras e enganos do PP:

 

Din que se van crear 2400 empregos directos e indirectos ( da outra forma supomos que sería o Espírito Santo que construíra o hospital)

 

Din que en tres anos estará feito o hospital (aí te esperamos...), e que o bipartito estivo 4 anos con maquetas (foron pouco mais de 3 anos e medio de goberno e o proxecto foi consensuado e elaborouse con todos os profesionais e axentes sociais, iso non se fai en dous días. Eles atopáronse con todo o traballo feito e listo para executar, parasitándose do traballo anterior e pervertendo, recortando e privatizando o que o consenso conseguira.

 
Prazas traslados facultativos Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 10 Maio 2010 20:33

Información da reunión mantida o luns 10 de maio no Sergas sobre a convocatoria de traslados.

 

Sobre as prazas:


Os criterios que o SERGAS nos indica manexou para sacar as prazas de licenciad@s de Primaria foron os que seguen:


  • Para Médic@s de Familia, sacan a traslados o 100% das prazas de ordinaria, e o resto en PACS proporcionalmente ata cubrir o total de prazas ofertadas a OPE.

  • Para odontólog@s usan un criterio distinto: antigüidade no posto, de xeito que convocan as prazas que están cubertas desde hai menos tempo.

  • Para pediatras: o criterio é a necesidade asistencial de cobertura, polo grande problema que teñen á hora de atopar efectivos que cubran certas prazas que son as que sacan.

 

Desde a CIG solicitamos que se renove o acordo de 2006 polo que se facían listas de vinculacións de FEAS segundo o resultado da OPE.

 

En canto ao resto de prazas que faltan, comentan que posíblemente as terán para mediados de semana e que as enviarán, o máis seguro o mércores. Falarase na próxima reunión, que quedou para o martes 18.


Prazas traslados facultativos: boton


 
Prestación por fillo/a menor de 3 anos a cargo Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 10 Maio 2010 19:56

Prestación anual filla/o menor a cargo. 2010

bebePersoas beneficiarias:

  • Persoas que teñan ao seu cargo crianzas menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2010 (con data de nacemento entre o 2-1-2007 e o 1-1-2010, inclusivos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2008 nin elas nin ningún dos/as membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presenta-la declaración do IRPF.
  • No caso de crianzas adoptadas ou acollidas entre o 31 de decembro de 2008 e o 31 de decembro de 2009, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
  • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos.
  • Persoas estranxeiras que residan na Galiza, sempre que cumpran as condicións da Lei sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros e a súa integración social e os requisitos establecidos na presente norma, e tiveran a condición de contribuíntes.

 

»Quedan excluídas:

  • As unidades familiares nas cales os seus ingresos considerados de forma individual ou conxunta, segundo a opción de tributación elixida, superasen no exercicio 2008 os 22.000 €, sumadas a parte xeral e especial da declaración do IRPF.
  • Pais e nais privadas da patria potestade , ou se a tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.

 

■ Requisitos:

  • Residencia habitual na Galiza.
  • Que na data da solicitude as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante.

 

■ Contía da axuda:


Pagamento único de 360 € por cada  menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo.

 

■ Documentación:


1.-Novas solicitudes:

Anexo I.

Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do rexistro civil de cada crianza.

Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.

Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial.

Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que conste o número de conta onde ingresar a axuda e conste como titular a persoa solicitante. No caso de non dispor de cartilla poderase presentar unha certificación bancaria.

Declaración conxunta de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo fin (anexo II).

 

A presentación da solicitude comportará:

-Autorización para consulta de dados de documentación nacional de identidade de solicitante e cónxuxe.

-Autorización para consulta dados de carácter tributario. Neste caso será precisa a autorización de cónxuxe por medio de sinatura de anexo II.

 

2.-Solicitudes para persoas anteriormente beneficiarias:

Para persoas que recibiron esta axuda no ano 2009, e non teñan solicitada nin concedida outras axudas por este mesmo fin, so terán que presentar o anexo I, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación. Neste caso poderá obterse a solicitude debidamente cuberta no enderezo: www.xunta.es/aplicacions/ptc.

Aquelas solicitudes que se presenten eliminando algún dos proxenitores que figura no anterior deberán estar acompañadas da xustificación documental correspondente: copia da sentenza de separación ou nulidade, certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar, certificado de defunción.

 

■ Lugar de presentación:

 

-Vía escrita:

Nos rexistros dos departamentos territoriais da consellería de traballo e benestar.

-Vía telemática:

Cando se dispoña de certificado dixital, poderá accederse a este vía a través da aplicación: www.xunta.es/aplicacions/ptc.

 

-Prazo de presentación:

40 días hábiles contados a partir do 11 de Maio de 2010.

 
Resumo xuntanza Comisión de Centro do CHUVI e responsables do SERGAS Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 10 Maio 2010 08:24

sanidade-publica

 

O venres 7 de maio tivo lugar na Dirección Provincial do SERGAS en Vigo a xuntanza entre a Comisión de Centro do CHUVI e responsables do SERGAS para falar sobre o novo hospital de Vigo.

 

A dita xuntanza acudiron por parte do SERGAS, a Xerente do SERGAS Rocio Mosquera, a Directora de RR.HH Esperanza Fernández e o Xerente do CHUVI Francisco Soriano entre outros.

 

A xuntanza podémola cualificar como decepciónante, tampouco é que esperásemos moito nin nada novo a estas alturas.

 

A voz cantante levouna a Xerente do SERGAS, que apenas aportou nada novo aparte das "grandes virtudes" do sistema privatizador do proxecto.

 

Preguntada por si o hospital ía dispor de tódolos servizos, entre os que se inclúan área de queimados, maxilofacial entre outros, a Xerente non tivo resposta dando a entender que ese apartado lle correspondería a hospitais privados, lembrar que a Xerente do SERGAS foi  Directora dun hospital pertencente a POVISA, manifestando certa alerxia a todo o que sone a público, mais ou menos como o Xerente do CHUVI, Don Soriano, que non cree na sanidade pública e que por certo estivo mudo durante toda a xuntanza.

 

A xuntanza foi un paripé por parte da administración, votando balóns fora constantemente,  ante preguntas por parte da Comisión de Centro se remitían constantemente a dicir que eses asuntos virán nos pliegos de condicións, que so coñecen eles.

 

Sobre postos de traballo, reclasificacións, listas contratación das categorías privatizadas, unidade de investigación, etc. nada de nada e que xa se falaría noutros ámbitos.

 

En definitiva, nada novo e moita retórica, simplemente cumprir o trámite e un adeus.

 

NOTA DE PRENSA DÁ ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DÁ SANIDADE PUBLICA CON MOTIVO DA LICITACION DO NOVO HOSPITAL DE VIGO

 

Ante o anuncio da licitación do Novo Hospital de Vigo, a AGDSP fai públicas as seguintes consideracións:


1. O presidente da Xunta de Galicia se empecina en seguir a senda da privatización da Sanidade Pública galega hipotecando o seu futuro financiamento ao licitar a construción do novo hospital de Vigo polo método que eufemisticamente denomina ?pago aprazado?. En todo o mundo iso coñécese como PFI ou INICIATIVA DE FINANCIACION PRIVADA.


2. A evidencia en toda a literatura mundial demostra que a construción de hospitais por esta carísima vía, hipoteca o financiamento dos sistemas sanitarios públicos, debilitándoos, descapitalizándoos e póndoos aos pés do mercado sanitario. Iso é iniciar a súa privatización.


3. Igualmente é sabido que hipotecas separadamente, que o hospital pertenza a unha unión temporal de empresas mentres non se complete o seu pago, mentres os seus médicos e enfermeiras dependen do SERGAS, supón unha dobre dependencia da súa actividade e iso dificulta a xestión dunha das mais complexas estruturas que hoxe existen como é un moderno hospital.


4. Co fin de facilitar esta deriva privatizadora o presidente Feijoo non dubidou en pór á fronte do SERGAS a unha xerente que ata hai pouco dirixía un hospital de POVISA, quizais para supervisar a ausencia de ideas da propia conselleira.


5. Que este centro leva décadas entorpecendo o desenvolvemento da Sanidade Pública viguesa, incumprindo as tarefas de atención á poboación á que asiste como as súas listas de espera demostran, é algo que os profesionais da sanidade coñecemos perfectamente. Que consiga facerse co control do novo Hospital de Vigo que Núñez Feijoo reivindica como publico, é un enorme perigo para a sanidade publica nesta comarca e a longo prazo para toda a galega.


6. É evidente que o "pago aprazado" como el di, permitiríalle a este goberno soñar con inaugurar un hospital que pagarían a un altísimo custo 4 ó cinco veces superior, os gobernos que lle sucedan. E os que pagan non son os gobernos senón os cidadáns.


7. Afirma o presidente que o hospital estará listo en 2013. A "obra civil", lese en "letra pequena". Inauguralo son tres anos máis. E senón, ao tempo. As hemerotecas darannos novamente a razón fronte á afeita demagoxia e o esquecemento.


8. O goberno da Xunta desoe a enorme oposición popular que en Vigo mobilizou a mais de 50.000 cidadáns e tamén en Pontevedra con mais de 10 mil cidadáns na rúa- e noutras cidades con ameazas similares, desencadea a privatización que se inicia aos poucos da nosa Sanidade Pública.


9. Sabemos as razóns: ademais de "aprazar o pago" é unha enorme oportunidade para repartir negocio dun goberno que a pesar de ter que exercer a responsabilidade de manter e mellorar o Sistema Sanitario Público, non cre nel.

 

10. O presidente Feijoo durante a súa etapa á fronte do SERGAS primeiro e do INSALUD despois, xa demostrou sobradamente promovendo MEDTEC en Vigo e as Fundacións Hospitalarias onde tivo a oportunidade de facelo, que é un firme partidario do mercado sanitario fronte á Sanidade Pública; do medicamento mercancía fronte ao dereito á atención sanitaria.


Finalmente conclúe o presidente as súas declaracións tras o consello da Xunta afirmando que "alá os opositores coa súa ética". Que escándalo!.


A ética do servizo público, a do dereito que foi tan duro conquistar á atención sanitaria pública, esta claramente ao lado de quen a defendemos, dos profesionais e da cidadanía que tanto a utiliza e valóraa.

 

 
Manifestacion en Defensa da Sanidade Pública en Monforte Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 10 Maio 2010 12:54

Mani-Monforte

Manifestación

 

 

En Defensa da Sanidade Pública

Xoves 13 de maio ás 20h

Dende a Praza da Estación

MONFORTE

Sairán autobuses dende o H. Xeral ás 18h

(Anotarse nos locais da CIG e de CCOO antes do xoves 13 de maio Convoca: Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte

 
Reubicación de servizos e unidades no CHUVI Imprimir Correo-e
CHUVI
Venres, 07 Maio 2010 12:31

chuvi

 

Segundo información que nos facilitou a Dirección do CHUVI, a partir do martes 18 de maio vanse producir reorganizacións dalgúns servizos dentro do CHUVI.

 

- Unidade de patoloxía de mama

- Cardioloxía

- Xinecoloxía

 

Descrición dos procesos a seguir para as integracións físicas e/ou funcionais dos diferentes servizos e unidades.

 

1. Centro de Especialidades Doblada:


Trasládanse dúas ecografía de abdome actualmente situados no hospital Meixoeiro, ao centro de especialidades da Dobrada.

 

Reorganízase a actividade pasando un TER en adecuación de tarde a mañá e mobilízase un TER voluntario de H.Xeral que estaba en quenda. mañá.

 

Dous Radiólogos desprázanse ao Centro de especialidades de entre os compoñentes da área de abdome. A rotación do persoal facultativo é de carácter mensual

 

2. Unidade de Mama no Meixoeiro:


Dotada con 2 ecógrafos en quenda de mañá, 2 mamógrafos en quenda de mañá e 1 en quenda de tarde e o equipo de biopsia prona. Continúan os 3 TER de Meixoeiro en quenda de mañá que xa se dedicaban á ecografía e Mamografía e 1 TER que debe pasar do H Xeral en quenda de mañá (pendente de voluntariedade) e 1 SD de quenda de tarde que xa está en H. Meixoeiro.

Cando os dous mamógrafos teñan actividade de tarde, pasará 1 TER de SD de H. Xeral a realizar esa función e quenda.

 

Forman parte da unidade, ademais, unha consulta de enfermería e dúas consultas médicas.


- 1 DUE que xa realiza esta función desde fai anos, a tempo parcial, xera necesidade de cobertura en Hospital de día Oncolóxico- resólvese cunha adecuación voluntaria en quenda de 10 h a 17 h.


- 1 AUX de CC.EE (sobe algún día de Xeral unha AUX. voluntaria e os demais días realízao a AUX. que viña facéndoo ata agora no H. Meixoeiro).


No que a persoal facultativo refírese, formarán parte da unidade:

 

- Tres facultativos do servizo de Radiodiagnóstico, con dedicación plena. Atendendo necesidades asistenciais poderíase incorporar un cuarto radiólogo.


-  Dous facultativos do servizo de Cirurxía xeral do Hospital Xeral.

 

- Dúas FEAS do servizo de Xinecoloxía, con dedicación a tempo total.

Os recursos poderán modificarse segundo as necesidades asistenciais.

 

Ademais destes dous facultativos do servizo de Xinecoloxía, participarán na actividade da unidade, en función de criterios asistenciais 3 facultativos mais.

 

3. Anatomía Patolóxica


Os recursos de Anatomía Patolóxica destinados á mama no Complexo, recolócanse no Hospital do Meixoeiro, e para iso, desprázase un facultativo do Hospital Xeral, así como os equipos necesarios para dar resposta ás necesidades asistenciais da unidade.

Ademais forma parte da unidade un facultativo do hospital do Meixoeiro, que xa se dedica á patoloxía de mama.

Os recursos poderán modificarse en función de criterios asistenciais.

 

4. Hospitalización de cirurxía da Mama:

 

Sitúase no H. Meixoeiro na planta 3ª ala 2 sen dar lugar a cambios de persoal de enfermería. Deixa dispoñibilidade de camas en H. Xeral plantas 8ª e 2ª e no H. Meixoeiro na planta 2ª ala 1.

 

5. Xinecoloxía:

 

Sitúase a unidade de hospitalización única no H. Xeral na planta 2ª, actual unidade de Xinecoloxía sen xerar movementos de persoal de enfermería. Ocupa a unidade na parte liberada polo traslado da patoloxía de Mama.

 

A actividade cirúrxica de xinecoloxía realizarase no bloque cirúrxico do Xeral e nos quirófanos do Cies.

 

Nesta primeira fase, mantense a actual sectorización da poboación, en relación coa actividade de consultas externas, manténdose a mesma estrutura das axendas de Xinecoloxía existentes no complexo (salvo na parte referente á unidade de mama).

 

O persoal Facultativo prestará asistencia nos distintos centros do CHUVI en base ás necesidades asistenciais e organización do servizo.

 

A atención a urxencias xinecolóxicas, centralizarase para toda a poboación no Hospital Xeral.

 

6. Cardioloxía:

 

A hospitalización situarase no H. Meixoeiro na planta 2ª ala 2 e ala 1, sen dar lugar a cambios de persoal de enfermería.


Redistribúense as camas asignadas a cardioloxía no ala 1 deixando no ala 2 as destinadas a Cirurxía Cardíaca, como agora, e aumentando as de telemetría ata 16, constituíndo ademais a Unidade de Coidados Intermedios Cardiolóxicos.


No H. Xeral deixa dispoñibilidade de camas de hospitalización na planta 13.

 

Toda a actividade de cardioloxía concentrarase no Hospital do Meixoeiro, permanecendo no Xeral a dotación necesaria para cubrir a interconsulta e probas dos pacientes hospitalizados do resto de especialidades e Urxencias.

 

Os movemento descritos nos puntos 1 e 2 son os primeiros e nesa orde, os seguintes van a continuación e simultáneos.

 

 

Data prevista para os movementos: 18 de maio 2010

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 45