eu-galego
gripe
Concentración delegad@s Plataforma Acordos, contra a conselleira Imprimir
Inicio - Outras novas
Luns, 02 Novembro 2009 17:35

concendeleconsesan

 

 

NON Á SUPRESIÓN DOS ACORDOS ASINADOS


O luns 2 de novembro (día de defuntos...) ás 11:30h, delegadas e delegados dos sindicatos da Plataforma Sindical contra a suspensión dos acordos asinados, recibiron á Conselleira de Sanidade Pilar Farjas cunha concentración diante do Palacio de Congresos de Santiago con berros de DIMISIÓN e "PILARITA O QUE SE DA NON SE QUITA".

Segundo ían pasando os altos cargos e responsables dos distintos Centros de Galiza eran saúdados polos manifestantes con berros e asubíos.

Unha vez traspasada a porta de entrada ao Palacio de congresos, a Conselleira respondeu as demandas dunha representación da plataforma Sindical comentando que en breve se convocaría unha Mesa Sectorial para tratar a problemática e que consultaría cos responsables económicos as posibilidades de marxe que tiñan.

Debemos manter e aumentar a presión contra os recortes e polo tanto pedimos a participación activa do persoal nos peches que se van a realizar os días 3 e 5 de novembro de novembro.

 

PECHE DE 24H  EN VIGO O XOVES 5 DE NOVEMBRO NA ENTRADA DO HOSPITAL XERAL A PARTIR DAS 10 DA MAÑÁ con concentración as 11h na mesma entrada.

 

PARTICIPA E APOIA AS MEDIDAS DE PRESIÓN

 

POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS

RESPETO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN