| Cadea humana |
|
| Inicio - Outras novas |
| Xoves, 04 Marzo 2010 00:55 |
|
Celebrouse o mércores 3 de marzo a cadea humana ao redor do hospital Xeral de Vigo cun éxito de participación e compromiso, tendo en conta cos poucos días que houbo para organizar este acto, (sendo a alternativa á suspensión do paro previsto para ese día pola desautorización por parte do SERGAS) empezouse a organizar o luns para realizalo o mércores.
Preto de 3000 persoas rodearon sobradamente a mazá que rodea o H.Xeral, incluída a igrexa que está por detrás do centro sanitario. A orixinalidade do acto resultou moi rechamante pola variedade de colorido das distintas variedades de luz, velas, lanternas, viseras, fachos, etc.
Logo de dar varias voltas ao redor do hospital os participantes deixaron depositadas as candelas e cirios encendidos ao redor do hospital Xeral, dando unha imaxe tanto curiosa como espectacular. Realmente emociona ver o compromiso e a resposta que se está a dar, non lembramos unha resposta tan activa da sociedade e do persoal.
Dende logo a experiencia resultou moi gratificante e o persoal que participou quedou moi satisfeito do acto. Non se deixaron de berrar as consignas que se veñen realizando en tódalas mobilizacións en contra da privatización da sanidade pública, e mais concretamente no referente ao novo hospital de Vigo.
Por outra parte lembrar que o material para repartir xa está preparado, nos vindeiros días procederase ao seu reparto entre o persoal para a súa distribución, informaremos puntualmente de como se vai efectuar dito reparto así de como participar nos distintos actos que se vaian organizando tanto pola Comisión de Centro como pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo.
Grazas a todas e a todos pola excelente participación e compromiso pola causa que nos une, e a seguir mantendo o ánimo tan alto como ata o de agora.
Sumando crecemos e crecendo seremos mais fortes para vencer aos elementos mais reaccionarios que intentan atacar o sistema público de benestar.
O Xerente.
Tamén queremos poñerlle un cualificativo ao xerente do CHUVI señor Soriano polas declaracións que realizou o domingo 28 de febreiro nun xornal desprezando a parte do persoal e mentindo de forma vergonzosa ao dicir que nun acto de presentación do Plan Privatizador se lle insultou e lle dixeron toda clase de improperios, MENTIRA señor Soriano, o único que se mostrou foron algúns rumores e abucheos moi ocasionais en momentos concretos da súa desafortunada e provocativa actitude, nunca insultos persoais. Non se esconda e disfrace a súa covardía.
Se tan bos son os servizos privados que vostede defende o invitamos a que se vaia de asalariado para algún deles, non de xefe nin cargo directivo. O persoal do CHUVI está sobradamente valorado e cualificado profesionalmente. Estupideces as xustas señor xerentillo.
Este Señor demostra que non está a altura das circunstancias e que tanto o cargo como o salario que percibe son un regalo da Xunta para manter a un impresentable como máximo responsable do CHUVI que resulta do menos resolutivo e incompetente que ten pasado polo área sanitaria de Vigo.
Señor Soriano, por dignidade váiase a... onde se perde a vergonza.
Xerente es culpable, e ademais es un SIN-VERGUENZA.
Por suposto serás lembrado pola túa achega á causa...
NON Á PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO |



