eu-galego
gripe
Cruzada ultra-conservadora do SERGAS Imprimir
Inicio - Outras novas
Xoves, 08 Xullo 2010 10:26

 

CIG-Saúde denuncia que o SERGAS está a promover a Fundación ‘Red Madre’ desde a súa páxina web e entre o seu cadro de persoal

 

Opus-PeiPola contra, non informa sobre outras asociacións de mulleres que defendan outras alternativas

 

CIG-Saúde denuncia que a Consellaría de Sanidade está facendo uso da web do Sergas, que é un espazo público de información sanitaria e profesional, para adoutrinar á poboación e aos traballadores/as promovendo as posicións defendidas pola Fundación ‘Red Madre’, en contra da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo.

 

Para CIG-Saúde é inxustificable que a administración pública utilice os espazos profesionais para difundir as súas ideas ou crenzas relixiosas e tratar impoñelas. Máis grave aínda, é que nun correo remitido a todos os traballadores e traballadoras se lles indique o link da páxina de ‘Red Madre’ onde se recolle un chamamento a participar na manifestación convocada para o pasado día 3 de xuño en Madrid en contra da devandita lei.

 

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde manifesta que “é paradoxal que mentres que a Xunta de Galiza ordena a intervención das forzas da orde pública para disuadir as manifestacións pacíficas das plataformas sanitarias, faga un chamamento masivo, aos 35.000 traballadores/as, para participar na manifestación de Madrid”.

 

CIG-Saúde solicita da conselleira de Sanidade que faga un uso debido da páxina web do SERGAS que se limite a dar información legalmente estabelecida e que non se utilice de forma partidista para impor as súas crenzas.

 

Xoves, 8 de xullo de 2010