sos-sanidade
gripe
eu-galego
OPE 2009
Nomeamento e adxudicación de prazas OPE Imprimir
Inicio - OPE 2009
Martes, 10 Maio 2011 11:30

Nomeamento e adxudicación de prazas OPE de grupo auxiliar da función administrativa, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico e técnico/a especialista en radioterapia.


ope-2009RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2011, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías  (grupo auxiliar da función administrativa, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico e técnico/a especialista en radioterapia) de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes na categoría correspondente do concurso de traslados.

 

Resolución: boton

 
Nomeamento persoal fixo ATS/DUE Imprimir
Inicio - OPE 2009
Luns, 09 Maio 2011 09:53

ope-2009

 

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de enfermaría (ATS/DUE) de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo de toma de posesión dos/das participantes nas categorías correspondentes do concurso de traslados.

 

Resolución no DOG: boton

 
PRÓXIMAS TOMAS DE POSESIÓN OPE e CONCURSO DE TRASLADOS Imprimir
Inicio - OPE 2009
Xoves, 05 Maio 2011 13:26

ope-2009
INFORMACIÓN DO XOVES 5 DE MAIO DO SERGAS


Ao longo da vindeira semana (9-13 maio) iranse publicando no DOG, de xeito escalonado, as datas de toma de posesión (OPE e concurso de traslados) das últimas categorías pendentes.


Esta mesma tarde (5 de maio), estará dispoñible na páxina web o avance das seguintes resolucións de publicación:


·Resolución de nomeamento, adxudicación e toma de posesión de OPE e C.Traslados de Auxiliares de enfermería: data de publicación no DOG de 6 de maio.

Traslados
·Resolución de nomeamento, adxudicación e toma de posesión de OPE e C.Traslados de farmacéutico/a de atención primaria, médico/a de atención primaria, odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria: data de publicación no DOG de 6 de maio.

 
Elección de destino Imprimir
Inicio - OPE 2009
Mércores, 27 Abril 2011 09:53

ope-2009Resolución do 15 de abril de 2011, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.


Primeiro.- Aprobar a relación de prazas vacantes, no anexo I, que se lles ofertarán aos/ás aspirantes seleccionados no concurso-oposición de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde nas categorías de grupo auxiliar da función administrativa, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico e técnico/a especialista en radioterapia indicándose a localidade e institución sanitaria onde se ubican as prazas ofertadas.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, de acordo co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, de 22 de xullo.

 

Segundo.- Convócanse todos/as os/as aspirantes seleccionados/as, ratificando a relación definitiva publicada no seu día no correspondente Diario Oficial de Galicia, para que nun único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino definitivo pola orde de puntuación alcanzada no concurso-oposición con preferencia a favor dos aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna e, no seu caso, desestimándose calquera petición de alteración da orde de prelación para persoas con discapacidade.

Nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e de técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico decláranse aspirantes definitivamente seleccionados/as os/as indicados/as no anexo II, como consecuencia, no seu caso, da resolución dos oportunos recursos en vía administrativa, ou ben polas anulacións de actuacións prevista no punto 2 da base oitava da convocatoria.


Terceiro.- O acto de elección de destinos celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, o día 29 de abril de 2011 coa seguinte distribución:


  • Ás 17,00 horas a totalidade dos seleccionados nas categorías de técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico e técnico/a especialista en radioterapia.
  • Ás 17,45 horas a totalidade dos seleccionados na categoría de grupo auxiliar da función administrativa.

 

Cuarto.- O dito acto de elección someterase ás seguintes regras:

 

a) A solicitude que formulen será vinculante e irrenunciable.

 

b) Deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou outro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade.

 

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

 

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, no prazo e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Pola capacidade do recinto e con motivo de facilitar a axilidade na elección, poderíase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no propio acto da elección.

 

Quinto.- Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos na base décima da convocatoria.

 

Relación de parazas e electores: boton

 

Itinerario ao lugar da toma de posesión: boton

 
OPE DESTINOS DEFINITIVOS Imprimir
Inicio - OPE 2009
Martes, 26 Abril 2011 12:17

ope-2009Resolución do 19 de abril de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes na categoría correspondente do concurso de traslados.


Grupo auxiliar da función administrativa

Lavandeira

Pasadora de ferro


O cómputo dos prazos dos cesamentos para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 27 de abril de 2011, conforme o disposto na base oitava da Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 143, do 28 de xullo) pola que se convoca o concurso de traslados. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e iniciarase o día 27 de abril de 2011.


Para os/as aspirantes do proceso selectivo nomeados/as nesta resolución o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 29 de abril de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/a interesado/a, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.


Respecto ao persoal con medidas de protección por razón de saúde no centro de orixe, os prazos xerais establecidos nos puntos anteriores poderán ser prorrogados cando as condicións da prestación do posto adxudicado poidan ser contrarias ás ditas medidas de protección. Nestes supostos atenderase aos termos da resolución que se dite en función das características de cada caso.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>