eu-galego
gripe
OPE 2009
Incorporacións OPE e traslados Imprimir
Inicio - OPE 2009
Xoves, 18 Marzo 2010 23:43

ope-2009Segundo información do Servizo Galego de SaúdeTraslados

 

FEAS: Incorporación antes do verán tanto OPE como traslados (seguramente en xuño antes das vacacións)
RESTO CATEGORÍAS: Incorporación seguramente no mes de outubro.

TRASLADOS RESTO CATEGORÍAS: Despois de Semana Santa teremos un borrador, a día de hoxe están traballando nas prazas que van ofertar, esperan te-las pechadas a mediados de abril.

 
Servizos prestados OPE Imprimir
Inicio - OPE 2009
Mércores, 24 Febreiro 2010 13:22

ope-2009

 

INFORMACIÓN URXENTE: SERVIZOS PRESTADOS. CONCURSO DE MÉRITOS. Traslados.

 

O SERGAS  nos comunica  que todo o persoal debe solicitar o certificado de servizos prestados . A Administración  non o vai a incorporar de oficio a pesares de estar no FIDES.

 

Polo que : hai que solicitar a certificación de servizos prestados e achegalo co resto da documentación.

 

Exame de Galego Auxiliares Administrativos e PSX.


Preguntado ao SERGAS por este tema, infórmanos o seguinte:

O exame de galego realizarase a posteriori de realizar o exame de informática, como calculan que será pouca xente a que  teña que realizar o devandito exercicio, publicarán unha listaxe coas persoas que teñan que realizalo e convocaranas un día en Compostela.

 

Que ganas de marear.

 
Datas exames OPE 2009 Imprimir
Inicio - OPE 2009
Domingo, 21 Febreiro 2010 20:36

ope-2009

 

PREVISIÓNS DE DATAS PARA A REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DA OPE DO ANO 2009


1.- Grupo Técnico e Grupo de Xestión da Función administrativa


Día: Martes 9 de marzo de 2010

 

Lugar: Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS). Santiago de C.

 

2.- Grupo Auxiliar da Función administrativa e Persoal de Servizos Xerais


Día: Sábado13 de marzo de 2010

 

Lugar: Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra).

 

3.- Cociñeiro


Días: 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo de 2010, en quendas de tres aspirantes cada día excepto os dous últimos días que será en quendas de dos aspirantes.

 

Lugar: Hospital Materno-Infantil de A Coruña.

 

Estas datas, así como os horarios concretos serán publicados proximamente no Diario Oficial de Galicia.

 

 
Novas da Ope 2009 Imprimir
Inicio - OPE 2009
Martes, 16 Febreiro 2010 21:52

ope-2009

 

Está previsto que o mércores, día 24 de febreiro, sexa publicada no DOG a apertura do prazo (15 días hábiles) para a presentación dos méritos da fase de concurso das categorías cuxos exercicios foron realizados nos pasados meses de outubro e novembro (coa excepción das categorías nas que se debe realizar un exercicio práctico, é dicir, grupo técnico, grupo de xestión, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e cociñeiros).

Resolucion DOG venres 19 de febreiro, outras categorías: boton

 

Resolucion DOG mércores 24 de febreiro boton

FEAS.

 

Resolución DOG venres 19 de febreiro: boton

- Notas provisionais da fase de concurso de :
- FEA de cirurxía xeral e aparello dixestivo
- FEA de nefroloxía
- FEa de psiquiatría
- FEA de Xeriatría

 

Páxina SERGAS


- Notas definitivas da fase de oposición de todas as categorías cuxos exercicios foron realizados nos meses de outubro e novembro de 2009

Na vindeira semana (do 22 ao 26 de febreiro) O Servizo Galego de Saúde espera  poder adiantar un calendario coas datas de realización dos exercicios daquelas categorías que teñen que realizar exame práctico.

 
Informacións OPE 2009 Imprimir
Inicio - OPE 2009
Venres, 12 Febreiro 2010 10:34

ope-2009

 

Exames OPE pendentes.


Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, estase a pechar cos tribunais de selección e cos recintos nos que se celebrarán exercicios pendentes da OPE 2009, as datas de celebración dos segundos exercicios daquelas categorías que aínda non o teñen realizado (Grupo Técnico, Grupo de Xestión, Grupo Auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerias e cociñeiro). Esperan ter pechada a data na semana do 15 ao 20 de febreiro

 

Non obstante confirman que todos os exercicios serán realizados aproximadamente na primeira quincena do vindeiro mes de marzo.

 

Resolución provisional do baremo da fase de concurso dos FEAS.

 


DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 29  Venres, 12 de febreiro de 2010

 

Resolución do 3 de febreiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.


O número 5 da base sexta B) das diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que, realizada polo tribunal a baremación correspondente da fase de concurso, esta se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación ante o propio tribunal, por tanto, este centro directivo

 

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes das categorías de facultativo/a especialista de área de análises clínicas, facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo, facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria, facultativo/ a especialista de área de medicina física e rehabilitación, facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía e odontólogo/a de atención primaria de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dos diversos procesos selectivos convocados polas diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro), nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es. relativas á baremación provisional da fase de concurso, nas distintas epígrafes e a valoración total, indicando, ademais, se for o caso, a relación de aspirantes excluídos da fase de concurso por non presentaren a documentación requirida ou por non cumpriren os requisitos da convocatoria.

 

Segundo.-Abrir o prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección deRecursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 12