|
Tribunais OPE 2009 |
|
|
Inicio -
OPE 2009
|
|
Luns, 27 Xullo 2009 08:52 |
|
Resolución do 15 de xullo de 2009, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se nomean os tribunais cualificadores de determinadas categorías do proceso selectivo de persoal estatutario do organismo. OPE 2009 Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (27-07-2009) DOG: |
|
|
Listaxes definitivas listas contratación diversas categorías |
|
|
Inicio -
OPE 2009
|
|
Mércores, 22 Xullo 2009 17:19 |
O vindeiro xoves 23 de xullo terá lugar a publicación nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde, as listaxes definitivas de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, tras a resolución dos recursos de reposición, correspondentes á convocatoria do 28 de xuño de 2007 deste mesmo centro directivo (DOG núm. 140, do 19.7.2007). As categorías obxecto desta publicación son as de: · Grupo Técnico da Función Administrativa · Técnico/a Superior · Técnico/a Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información · Enxeñeiro/a Superior · Psicólogo/a Clínica · Técnico/a Superior en Seguridade no Traballo · Técnico/a Superior en Ergonomía e Psicosociloxía aplicada · Técnico/a Superior en Hixiene Industrial · Logopeda · Grupo de Xestión da Función Administrativa · Enxeñeiro/a Técnico/a · Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información · Técnico Especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información [Motivos técnicos impediron o peche da operativa da categoría de Enfermeiro/a especialista en Enfermería do Traballo, a cal se executará en vindeiras datas, e do cal se informará oportunamente]. |
|
Resolución convocatoria OPE 2009 resto categorías |
|
|
Inicio -
OPE 2009
|
|
Martes, 14 Xullo 2009 08:11 |
|
Publicada no DOG con data 14 de xullo de 2009 a resolución do 8 de xullo de 2009, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde,pola que se modifica a Resolución do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario Asemade a devandita resolución no apartado terceiro recolle: Abrir o prazo, até o 31 de agosto de 2009, inclusive, para que os aspirantes admitidos no proceso selectivo presenten as certificacións oficiais de coñecemento da lingua galega. Para envíar os certificados de galego acreditativos, envíar copia cotexada do correspondente curso de coñecemento da lingua galega ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística ou a validación correspondentede conformidade co establecido na orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustizado 16 de xullo de 2007 (DOG nº 146, do 30 de xullo). Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (edificio administrativo San Lázaro s/n, 15703, Santiago de Compostela) Asunto: Certificación curso de coñecemento da lingua galega OPE 2009 Os envíos pódense efectuar dende os rexistros dos Hospitais, da Xerencia de Atención Primaria e da Dirección Provincial. Modelo instancia coñecemento lingua galega:  DOG: |
|
|
Publicación listaxes definitivas admitidos excluidos OPE 2009 |
|
|
Inicio -
OPE 2009
|
|
Xoves, 09 Xullo 2009 08:25 |
|
Achegamos Resolución da División de Recursos Humanos, pola que acorda publicar as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos de diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde convocado por resolución do 18 de febreiro de 2009 (DOG número 40 de 26 de febreiro)
As listaxes poden consultarse nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade do Servizo Galego de Saúde, centros de Xestión de Atención Primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do Sergas www.sergas.es Poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado dende o 10 de xullo ou contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no prazo de 2 meses contados dende a mesma data. DOG |
|
Bases exercicios OPE 2009 |
|
|
Inicio -
OPE 2009
|
|
Mércores, 08 Xullo 2009 07:48 |
Bases para os exercicios da OPE 2009:  EXERCICIOS PARA TODAS AS CATEGORÍAS: (excepto grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, ATS/DUE, enfermeiro/a de saúde mental, fisioterapeuta, logopeda, matrón/a, terapeuta ocupacional, grupo administrativo da función administrativa, cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais) |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 9 de 12 |