|
Logo da xuntanza cos responsables de dirección en Atención Primaria acordouse o seguinte:
Data límite para solicitar: 30/04/2013
Período ordinario: xullo, agosto e setembro.
Cómputo de días de vacacións:
Será a petición do traballador/a, elixindo días hábiles ou días naturais. Por suposto o traballador/a debe saber que implica collelos dun ou doutro xeito:
Aclaración: Antes de comezar con esta explicación cómpre primeiro aclarar que en período ordinario, independentemente de como se computen, só se poderán coller quincenas naturais ou meses naturais, e fóra deste período, permítese ademais coller as vacacións por meses, quincenas e semanas de data a data.
Días naturais
Serán como mínimo 30 días, e estes poderanse repartir do seguinte xeito:
No período estival:
a) 1 mes natural (pode ser de 30 ou 31 días)
b) 1 ou 2 quincenas naturais (do 1 ao 15 ou do 16 ata fin de mes)
c) Excepción: Petición de 3 semanas continuadas,
- se non se precisa substitución,
- con acordo previo dentro do servizo/unidade,
- sen superar a porcentaxe de ausencias (33%),
- que comecen o día 1 ou o 16 de mes.
Fóra do período estival:
a) 1 mes natural (pode ser de 30 ou 31 días)
b) 1 ou 2 quincenas naturais (do 1 ao 15 ou do 16 ata fin de mes)
c) 1 semana natural
d) Calquera dos períodos anteriores de data a data
e) 6 días de vacacións independentes (hábiles) que equivalen a 8 días naturais. Se a suma de todos os bloques posibles dese como resultado menos de 30 días naturais (caso de coller 3 semanas continuadas) o día que falta se collerá como día de vacación independente.
Días Hábiles
Serán como mínimo 22 días hábiles e estes poderán repartirse do seguinte xeito:
No período estival:
a) 1 mes (especificando os días hábiles que corresponden)
b) 1 ou 2 quincenas (especificando os días hábiles que corresponden)
c) Excepción: Petición de 3 semanas continuadas,
- se non se precisa substitución,
- con acordo previo dentro do servizo/unidade,
- sen superar a porcentaxe de ausencias (33%),
- que comecen o día 1 ou o 16 de mes.
(especificando os días hábiles que corresponden)
Fóra do período estival:
a) 1 mes natural (especificando os días hábiles que corresponden).
b) 1 ou 2 quincenas naturais (especificando os días hábiles que corresponden).
c) 1 semana natural (especificando os días hábiles que corresponden)
d) Calquera dos períodos anteriores de data a data (especificando os días hábiles que corresponden)
e) 6 días de vacacións independentes (días hábiles)
Se da suma dos distintos períodos que se poden solicitar, se derivase unha débeda de días (por mor dun festivo en ditos períodos), estes se poderán coller preferente unidos á semana que se colla en período non estival. No caso de que esta semana se tivese desfrutado con anterioridade, colleríanse como días de vacacións independentes.
*Para o persoal de PACs, os días de vacacións independentes se computarán por horas, do mesmo xeito que se viña facendo co desfrute dos LDs. |