sos-sanidade
gripe
eu-galego
Privada
Creación Pool en GALARIA Imprimir
Privada - Xeral
Venres, 22 Febreiro 2013 14:35

Creacion-pool-galaria

 
Convenios Imprimir
Privada - Convenios
Xoves, 13 Setembro 2012 11:47
  • Convenio Colectivo Provincial para o sector de Hospitalización e Internamento da provincia de Pontevedra 2011-2013:  boton


  • Convenio Colectivo ACLAD-ALBORADA Vigo:
 
Desconvocada a folga da sanidade privada do xoves 15 de decembro Imprimir
Privada - Xeral
Mércores, 14 Decembro 2011 18:07

Os  traballadores e traballadoras do sector da sanidade  privada  da provincia de Pontevedra,  diante da VOLTA a mesa de negociación da representación empresarial,  na que retiran da súa proposta a supresión da paga de vinculación, que supuña unha perda media  de uns MIL EUROS anuais para cada traballador/a,  presentaron   nova proposta na que se contempla a permanencia desta paga  así como o compromiso de  mudar a actitude que posibilite chegar a acordos satisfactorios para ambas partes , quedando fixada a vindeira xuntanza para o dia 12 de xaneiro do 2012

folga1 

Con esta nova actitude da parte empresarial , os traballadores e traballadoras decidiron suspender a xornada de folga prevista para o xoves dia 15 de decembro do 2011.


Polo tanto informamos  os mais de cinco mil traballadores e traballadoras dos hospitais, clínicas privadas, consultorios médicos, laboratorios, axuda a domicilio municipal  etc, aos que afectaba o CONVENIO DE HOSPITALIZACION E INTERNAMENTO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA,  que estaban chamados a folga  o dia 15 de decembro dende as 24 h as 00,00 h :

QUE ESTA XORNADA DE FOLGA QUEDA DESCONVOCADA, manténdose en vigor a convocatorias de folga previstas para os días 18 e 25 de xaneiro do 2012.


CCOO, CIG, UGT

 
Manifestación en defensa dun convenio xusto para a sanidade privada Imprimir
Privada - Xeral
Mércores, 30 Novembro 2011 08:53

As traballadoras/es das clínicas privadas pontevedresas convocan tres xornadas de folga polo bloqueo na negociación do convenio.


Arredor de 400 persoas percorreron en manifestación as rúas de Vigo para denunciar a actitude da patronal.

mani-sanidade-privada

 

Arredor de 400 traballadoras/es da sanidade privada percorreron esta tarde as rúas de Vigo para denunciar o bloqueo nas negociación do convenio colectivo das clínicas privadas de hospitalización e internamento da provincia de Pontevedra. Ao remate da manifestación anunciaron a convocatoria de tres xornadas de folga para denunciar a actitude da patronal.

 

A mobilización, convocada polos sindicatos CIG, CCOO e UGT, partiu ás 17.00 horas da empresa Clece, na rúa Hispanidade. A continuación pasou pola clínica Pintado para despois subir pola rúa Marqués de Alcedo até a clínica O Castro-Pepetuo Socorro. Rematou fronte a Concheiro, na Avenida de Madrid, arredor das 18.30 horas.

 

Unha vez alí, os representantes do comité de empresa anunciaron a convocatoria de tres xornadas de folga para os vindeiros días 15 de decembro e 18 e 25 de xaneiro. Tamén criticaron o feito de que a patronal os convocase onte para retomar as negociacións o vindeiro día 13 de decembro, “pero non na sede da Confederación de Empresarios senón nun local de Academia Postal”.

 

Noticia de Avantar

 
Manifestación en apoio á negociación do convenio da sanidade privada Imprimir
Privada - Xeral
Mércores, 23 Novembro 2011 13:07

Está rematando o ano 2011 e os traballadores-as acollidos ao convenio do sector de HOSPITALIZACIÓN e INTERNAMENTO da provincia de Pontevedra, están sen convenio e coa ameaza de SUPRIMIRNOS a paga de setembro a partires do 2012. De feito aínda quedan empresas sen aboar a do 2011.

          

privado

   Os empresarios tardaron 7 meses en sentarse a negociar, o fixeron obrigados e tiveron a "ocurrencia" de ofertarnos una conxelación salarial para o ano 2011 e a cambio pagar a paga de setembro neste ano. MENUDO TALANTE, que oferten pagar una paga que XA TEMOS POR CONVENIO. Nin o firmado queren cumprir. Ademais ofertan subidas do 1,5% para o 2012; 2% no 2013; 2% no 2014 e 2,5% no 2015 sempre que aceptemos RENUNCIAR A PAGA DE SETEMBRO e nos demais TEMAS SOCIAS como XORNADA, PERMISOS E LICENCIAS, EMPREGO...NADA DE NADA.

 

   ¡¡¡ NON PODEMOS ADMITIR !!! que nos traten sen respeto, que nos fagan perder mais de 1.000€ o ano de salario, que non reduzcan a xornada como quedaran comprometidos na firma do anterior convenio, que nos fagan traballar en precario... ¡¡¡ BASTA !!! ¡¡¡ CHEGOU A HORA DA MOBILIZACIÓN !!!. Todos xuntos na defensa do noso convenio.

 

O próximo martes 29 de novembro ás 17 horas haberá unha manifestación en defensa da negociación do CONVENIO PROVINCIAL DE HOSPITALIZACION E INTERNARMENTO da sanidade privada, en defensa dos seus postos de traballo e do seu salario.

 

A manifestación saíra da Av/Hispanidade 68, percorrendo a Av/ Camelias, Av/ Marques de Alcedo, r/ Manuel Olivie, Praza de España, r/ Conde de Gondomar onde rematará diante do sanatorio Concheiro.

 

Facemos un chamamento ás traballadoras e traballadores da sanidade privada para que participen nesta importante mobilización para forzar á patronal a sentarse a negociar un convenio xusto e unhas condicións laborais dignas.

 

           

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>