O vindeiro día 17 de maio haberá unha manifestación en defensa dos ataques que está a sofrir a nosa lingua, convocada pola Plataforma Queremos Galego da que forma parte a CIG. A manifestación sairá ás 12:00 horas da Alameda de Compostela.
A CIG poñerá buses ao servizo de todas aquelas persoas que queiran acudir á manifestación, sempre e cando se anoten previamente, directamente, ou a través de chamada, ben na Comarca (981358750) ou no noso local (981334566), antes das 12 horas do día 16 de maio. Pregámosvos que non agardedes ata última hora para anotarvos.
O Bus sairá da Avda. de Esteiro (ao carón dos locais do sindicato), ás 10 h., e fará paradas en Caranza e Fene.
Martes 8 de maio:Concentración contra os recortes en Educación, ás 19:30 horas, diante do edificio da Xunta, na Praza de España, convocada pola Plataforma Galega na Defensa do Ensino Público, da que a CIG forma parte.
Xoves 10 de maio: Concentración ás 11 horas no H. Arquitecto Marcide contra os recortes na Sanidade Pública. Convoca a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol
Xoves 10 de maio: Folga no Ensino Medio e Universitario. A CIG convoca unha asemblea de delegados e delegadas ás 10 horas no Local Comarcal. Posteriormente, ás 12 horas, haberá unha concentración en apoio ao estudantado no monumento ao 10 de marzo.
Primeiro de Maio de 2012: Por emprego digno, non ás políticas
económicas e laborais do Partido Popular.
MANIFESTACIÓN COMARCAL
Con saída do Local da CIG na Avda. de Esteiro
ás 12 horas
A CIG convoca mobilizacións por todo o país coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora. Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira.
Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.
As políticas, iniciadas polo PSOE e continuadas agora polo PP con máis virulencia, de recorte de gasto público, de deterioración de servizos públicos como ensino, saúde e servizos de asistencia social, de facilitar e abaratar o despedimento, de incrementar a idade de xubilación e reducir a contía das pensións futuras, etc, responden á defensa do mesmo modelo económico de capitalismo neoliberal. Son políticas que non serven para saír da crise económica e que realmente o que buscan é incrementar os beneficios e o poder económico do capital financeiro especulativo, cargando os custos da crise económica ás clases traballadoras.
Temos que rebelarnos contra estas políticas e este sistema económico, esixindo dos gobernos que fagan políticas que realmente axuden a saír da crise e que o fagan desde unha perspectiva favorábel aos intereses da maioría social. Si existen alternativas, si é posíbel facer outro tipo de políticas diferentes como é combater realmente a fraude fiscal, facer unha política impositiva para que pague máis quen máis ten, incrementar os impostos ás rendas do capital, crear unha banca pública que garanta crédito a familias e pequenas empresas, incrementar o investimento público e os salarios como mecanismo de reactivación da economía e xerar emprego, rematar co especulación coa débeda pública pola vía de que o BCE compre directamente débeda ao estados, negarse os estados a pagar a débeda pública ilexítima....
Este sistema económico non garante dereitos básicos e universais á poboación. Este modelo económico e social obriga a clase traballadora a estar permanentemente en loita na defensa dun salario e dun posto de traballo digno; dun ensino e dunha sanidade públicos e de calidade; dunha vivenda para todos/as; dunha alimentación sa; dunha política industrial, agrícola e de infraestruturas respectuosa co medio ambiente... Este é un modelo económico ao servizo dunha minoría social e nestas situacións de crise é cando mellor se pon de manifesto.
O Partido Popular impón, vía decreto, non só o copago farmacéutico senón tamén o sanitario.
CIG-Saúde exixe da Xunta de Galiza que manifeste o seu rexeitamento e oposición frontal á invasión de competencias do goberno central.
O Boletín Oficial do Estado publicou onte o Real Decreto Lei de medidas urxentes en materia de sanidade. CIG-Saúde denuncia que desde o goberno de Madrid se impoñen así, toda unha serie de medidas sobre materias que “son de competencia exclusiva da Xunta de Galiza” e que esas medidas van moito máis alá das anunciadas tras da xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde do pasado 18 de abril, establecendo xa unha carteira de servizos comúns básicos e, ademais do copago farmacéutico, o copago sanitario para a prestación dalgúns servizos que non son considerados como tal.
Temos pois que loitar por un novo modelo de organización a nivel social e económico, realmente democrático, que sirva aos intereses da maioría social e no que as clases populares e os seus representantes, sociais e políticos, sexan os que fixen as políticas económicas e laborais e non institucións políticas e financeiras ao servizo do capital.
Moitos foron xa os pacientes e compañeiros e compañeiras que se achegaron pola mesa que está situada no Hall de entrada ao Hospital Arquitecto Marcide.
Aínda estás a tempo! Pasa e asina en prol da Sanidade Pública!
A central sindical exixe a retirada desta regresiva medida aprobada polo PP, que pretenden referendar, ese mesmo día, no Congreso dos Deputados. Coincidindo co día no que se referendará no Congreso dos Deputados a reforma laboral, a CIG convoca concentracións en todas as cidades galegas para exixir a súa retirada. A central sindical denuncia que se trata dunha reforma pensada para facilitar o despedimento e favorecer a competitividade, pola vía de reducir salarios e rebaixar as condicións laborais substituíndo emprego fixo por precario e considera que só coa mobilización se poden frear as políticas de recortes de dereitos laborais e sociais que está a impor o Partido Popular.
A CIG demanda do goberno do PP a retirada da reforma laboral, logo do rotundo rexeitamento manifestado polos traballadores e traballadoras que participaron, de forma masiva, na convocatoria de folga xeral e nas multitudinarias mobilizacións convocadas o pasado 29 de marzo.
CONCENTRACIÓN CONTRA A REFORMA LABORAL
Praza do Concello de Ferrol, xoves 12 de abril ás 19:30 horas
CIG Saúde Ferrolquere agradecer ao conxunto do persoal da Área Sanitaria de Ferrol e traballadoras e traballadores da comarca de Ferrolterra por secundar masivamente esta xornada de loita e facer dela unha vitoria da clase traballadora, e quere facer extensible este agradecemento ao conxunto de traballadores e traballadores do resto do país así como do conxunto do Estado.
SOBRE O ABUSO NOVAMENTE NOS SERVIZOS MÍNIMOS FIXADOS
Existen varios modos de boicotear unha folga:
1- Imposición por decreto duns servizos mínimos abusivos, tanto en número de profesionais como en criterios de reparto deses profesionais nos diferentes ámbitos de atención sanitaria. Por este motivo, CIG denunciou vía contencioso-administrativa os anteriores decretos polos que se ditaron as normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para as anteriores convocatorias de folga.
2- O traballo que realizan as diferentes xerencias ou direccións de área (como é o caso desta Área Sanitaria de Ferrol) na determinación de quen é servizo mínimo, e na interpretación dos criterios rectores dos servizos mínimos na distribución do número total de profesionais.
No referente ao punto 1, o Decreto 93/2012, do 22 de marzo impón un número total de profesionais que conleva que o día de folga teña que ir a traballar practicamente o mesmo número de persoal que un día de traballo sen convocatoria de folga.
No artigo 1º de dito Decreto, exponse que “os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura dos servizos esenciais de asistencia sanitaria”. É curioso que en moitos casos, os mínimos establecidos para esta folga pola Dirección da Área Sanitaria de Ferrol superan con creces ao persoal que traballa nun domingo ou festivo. ¿Isto significa que en domingos e festivos os servizos esenciais de asistencia sanitaria á poboación non son garantidos?
No referente ao punto 2, non é de recibo que sempre lle toque ao mesmo/a traballador/a ser servizo mínimo nunha xornada de folga. Ademais a Dirección da Área xoga co feito de que o profesional que vai traballar, e polo tanto é máximo, ten na súa man que a persoa que foi designada de servizo mínimo, poida secundar a folga. É dicir, por unha banda deciden quén é mínimo, e por outra se garante tan só o dereito do máximo de ir a traballar, pero non o dereito legalmente amparado do/a traballador/a que é servizo mínimo, de liberarse e apoiar a folga porque precisa do permiso do traballador/a que é máximo.
No referente aos criterios rectores recollidos no Decreto 93/2012, do 22 de marzopolo que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 29 de marzo de 2012, son os encargados de limitar en porcentaxe, respecto dun día ordinario de traballo, o número máximo de traballadores/as que pode ser designado como servizo mínimo para un día de folga. Sen embargo nos atopamos cunha situación na que a Dirección de Área tira ao lixo ditos criterios. Pasamos a dar algúns exemplos:
- ÁREAS DE HOSPITALIZACIÓN: o criterio reitor di que nestas áreas establecerase o número necesario para garantir os coidados dos doentes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.
- ¿Como se entende que o 29 de marzo nas plantas de hospitalización vaian a traballar como servizo mínimo máis profesionais que un domingo ou festivo?
- ÁMBITO DE CONSULTAS EXTERNAS: a Orde expón que deberase garantir a atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes, as consultas inaprazables de doentes oncolóxicos, e doentes desprazados.
En ningún momento a Dirección de Área fai un estudio das necesidades de persoal en función dese tipo de consultas garantidas e dos criterios dos facultativos/as, e establece uns servizos mínimos superiores ás necesidades anteriormente citadas.
- SERVIZOS DE MANTEMENTO: os criterios rectores din que existirá un número equivalente aos domingos ou festivos, e novamente a Dirección da Área impón uns servizos mínimos superiores.
- SERVIZOS ADMINISTRATIVOS: a Orde establece unha porcentaxe máxima de servizos mínimos diferente para cada ámbito (información, cita previa, persoal, subministros...). A Dirección de Área só ten en conta o número total de persoal administrativo, non respectando estas porcentaxes no seu reparto entre os diferentes ámbitos.
- ARQUIVO DE HISTORIAS CLÍNICAS: a Orde non establece criterios rectores para este servizo para persoal do Servizo Galego de Saúde, e a Xerencia de Área non considera suficiente a cobertura dun domingo ou festivo (atención prestada por unha empresa privada que si ten servizos mínimos establecidos para a folga do 29 de marzo) e impón casi o número habitual de profesionais do SERGAS dun día de semana.
- SERVIZOS CENTRAIS HOSPITALARIOS (esterilización, quirófanos, laboratorios, anatomía patolóxica, probas especiais, raios...) a orde recolle que os efectivos se corresponderán cos de un domingo ou festivo, en cambio, a realidade é que os servizos son practicamente os mesmos que un día laboral de semana.
Poderíamos continuar cun longo etc... pero, EN RESUMO, a Xerencia de Área e o SERGAS nin sequera respectan os criterios reitores publicados en DOG para a folga do 29 de marzo, normativa que por outra banda, non é aceptada pola CIG por abusiva.
Como CONCLUSIÓN, tendo en conta o anteriormente exposto, resulta ben difícil apreciar o dereito á folga constitucionalmente recoñecido, e por isto só nos queda a denuncia e a loita polos dereitos da clase traballadora. Con mais motivos que nunca, facemos un chamamento a todo o persoal da Área Sanitaria de Ferrol, a apoiar a folga do 29 de MARZO de 2012.
A REFORMA LABORAL DO PP: Abarata e facilita o despedimento, desmantela a negociación colectiva, precariza as condicións laborais, non crea emprego.
2010-2012 dous anos de recortes salariais e de dereitos ao persoal do SERGAS e ao conxunto da clase traballadora: Carreira profesional (Feijoó), acordos retributivos (Feijoó), 5% (Zapatero), 4% (Feijoó), reforma laboral (Zapatero), reforma das pensións (Zapatero), reforma laboral (Rajoy) e medidas urxentes de emprego público (Feijoó).
O PODER POLÍTICO AO SERVIZO DO CAPITAL. Esta reforma é parte dunha ofensiva agresiva, directa e sen precedentes por parte do poder económico para impor os seus intereses en tódolos ámbitos, aproveitándose da crise. O poder político está claramente ao servizo destes intereses, deixa indefensa á maioría da cidadanía, que é con quen en teoría debería estar obrigado, opta abertamente por defender os intereses do capital e abandoa a súa sorte aos colectivos máis desfavorecidos. Non lle podemos recoñecer lexitimidade algunha a esa clase política gobernante que se sustenta no engano, na propaganda mentireira, na falta de debate social e no estraperlo das ideas, coa cobertura mediática dos grandes medios de comunicación.
HORARIO DA FOLGA
Para o conxunto do persoal do SERGAS o horario da folga comeza ás 22 horas do 28 de marzo e remata ás 8 horas do día 30 de marzo.
TELÉFONOS DE INCIDENCIA
Durante toda a xornada de folga poderédesvos poñer en contacto para todo aquelo que necesitedes nos números 630594691, 647938026 ou 670264501.
SOBRE OS SERVIZOS MÍNIMOS DURANTE A XORNADA DE FOLGA
Recordamos que o PERSOAL DESIGNADO COMO SERVIZO MÍNIMO ten dereito a ser máximo e apoiar a folga, instando a algún máximo que non secunde a folga e acuda a traballar, que lle asine a solicitude de cambio. Se necesitades o papel de cambio de mínimos, chamade a un dos teléfonos habilitados para incidencias.